Machi Salgado nominado na categoría de mellor actor protagonista na XXIV edición dos premios do teatro galego.
Tras gañar o codiciado FETEGA na mesma categoría, o actor Machi Salgado compite contra Denis Gómez e Sergio Zearreta polo galardón a mellor actor protagonista. A gala, que tivo que ser adiada pola crise do coronavirus, está pendente de data de celebración.
IDIOTA, coprotagonizada por Susana Sampedro, é unha comedia negra sembrada de minas en forma de dilemas morais e acuciantes descargas de presión psicolóxica que se mergulla nos mecanismos da manipulación, nos resortes da codicia, o poder das grandes corporacións, a capacidade da tolerancia ante o abuso de autoridade e as inconmensurables dimensións da estupidez humana, sempre ignorante da letra pequena das claúsulas que impón a vida.
Jordi Casanovas, o autor de moda, tende con habilidade as súas redes dramáticas nun texto maxistral que está a percorrer o mundo con grande éxito de crítica e público.