FUNCIÓNS DIDÁCTICAS DE #2PILGRIMS

Éxito de #2Pilgrims entre o alumnado da E.S.O e Bacharelato 

O noso espectáculo #2Pilgrims, con texto de Fernando Epelde e que trata o tema da Igualdade e as novas masculinidades para público adolescente, estivo presente nos últimos meses nas programacións didácticas dos Concellos de Caldas de Reis e Baiona. 

Portagonizado por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo baixo a dirección de Alex Sampayo, foi recibido cun grandísimo éxito por parte do público de Educación Secundaria e Bacharelato así como entre o equipo docente dos centros asistentes. 

Estas funcións foron apoiadas pola Xunta de Galicia a través das axudas á distribución interior da Axencia Galega das Industrias Culturais.