XIRA INTERIOR

Miles de persoas asisten ás representacións da xira interior de Redrum Teatro 

Co apoio da Xunta de Galicia, a través da liña de axudas á distribución interior da Axencia Galega das Industrias Culturais, os nosos espectáculos tiveron presenza nas programaciós dos Concellos de Caldas de Reis, Baiona, Mos, A Illa de Arousa, Teo, Mondariz, Verín, Brión e Cerceda dende o mes de novembro de 2022 ata xuño de 2023. 

Estes espectáculos foron “#2Pilgrims” dirixido a público adolescente cunha temática centrada na Igualdade e as novas masculinidades; “Hamelin” escrito por Juan Mayorga e baseado nun caso real de abusos a menores; “Un home con lentes de pasta”, comedia escrita por Jordi Casanovas e dirixida a público adulto; “A nena que quería navegar” sobre Igualdade e acoso escolar; e “Roedores” tamén dirixida a público familiar e que trata a Igualdade como tema central.