XIRA INTERIOR 2024

Continúa a xira interior de Redrum Teatro

En Redrum continuamos coa nosa Xira Interior de 2024. Xa estivemos nos Concellos de Padrón, Verín, Ribeira e Valdoviño e nos próximos meses subiremos as táboas en Oroso, Moaña, Vigo e Teo.

Co apoio da Xunta de Galicia, a través da liña de axudas á distribución interior da Axencia Galega das Industrias Culturais, os nosos espectáculos tiveron presenza nas programaciós de teatros e auditorios de titularidade pública e este ano tamén da Sala Ártika de Vigo.

Os espectáculos que forman parte desta xira son “Invisibles”, sobre sete historias real de violencia machista; “A nena que quería navegar”, dirixido a público familiar e con temática sobre o acoso escolar; “Hamelin” escrito por Juan Mayorga e baseado nun caso real de abusos a menores; “O pequeno poni” con texto de Paco Bezerra e sobre diversidade LGBTQ+; e a nosa última montaxe “Os contos do Lobicán”, un espectáculo de monicreques para público infantil sobre un texto de Eva Mejuto.