Os contos do Lobicán acada o Premio María Casares
A obra escrita por Eva Mejuto, estreada o pasado mes de outubro no Concello de Teo, e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas á producción da AGADIC acadou o Premio ao Mellor Espectáculo de Monicreques no XXIX Premios de Teatro María Casares. Uns premios organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coa colaboración de distintas entidades.
O espectáculo poderá verse proximamente na Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura), Sanxenxo, Monforte, Burela, Mos, Forum Metropolitano (A Coruña), Oroso, Arzúa, Sala Ártika (Vigo), A Laracha, Noia ou A Guarda.