#2Pilgrims

  • Adultos
  • Comedia
  • 70'
TRAILER
GALERÍA
FICHA

Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas.

Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.

 

Tralo éxito acadado co noso espectáculo “Invisibles”, para público adulto, pensamos que sería preciso achegar unha proposta similar enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Neste novo espectáculo de Redrum Teatro viaxaremos a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

Este espectáculo foi beneficiario do programa “O teu Xacobeo”

Elenco: Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo
Dirección: Alex Sampayo
Texto: Fernando Epelde
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Deseño de escenografía: Alex Sampayo
Construcción: Escenoset
Música: Fernando Epelde
Fotografías: Borja Villaronga e Alex Sampayo
Axte. Produción: Laura Míguez
Axte. Dirección: Rubén Porto
Prensa: Alberto Ramos
Distribución: Guillermo Carbajo

Non hai datas dispoñibles actualmente, consulte próximamente

PRÓXIMAS FUNCIÓNS