Invisibles

  • Adultos
  • Drama
  • 95'
TRAILER
GALERÍA
FICHA

Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais.
Un millón de razóns para falar do maltrato.
Non máis invisibles.

Unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre. Unha coprodución entre Redrum Teatro, o Centro Dramático Galego, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra e a Deputación da Coruña.

Elenco: Mela Casal, Sheyla Fariña, Neves Rodríguez
Dirección: Marián Bañobre
Adaptación: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Marián Bañobre
Música e espazo sonoro: Davide González
Axudante de dirección: Toni Salgado
Maquillaxe e perruquería: Baia Fernández de la Torre
Vídeo: Alex Sampayo

Espectáculo gañador do premio Luisa Villalta a proxectos de Igualdade da Deputación da Coruña.

Marián Bañobre premio María Casares á Mellor Dirección.

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso premio María Casares á Mellor Adaptación.

Laura Iturralde premio María Casares á Mellor Iluminación.

Mela Casal nomeada na categoría de Mellor Actriz Protagonista nos Premios María Casares.

29 Novembro

Foz (Sala Bahía)

Hora por determinar

PRÓXIMAS FUNCIÓNS