HISTÓRICO DE ESPECTÁCULOS

O Mozo da Última Fila

  • Adultos
  • Drama
  • 100'
TRAILER
GALERÍA
 
 
FICHA

Claudio é un estudante de secundaria que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. Dirixida por Alex Sampayo e cun reparto de luxo, este texto foi escollido en 2018 dentro de plans de fomento á lectura en institutos de secundaria.

Elenco: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Texto: Juan Mayorga
Deseño de iluminación: J.M. Faro “Coti”
Escenografía: J.M. Faro “Coti”
Música e espazo sonoro: Davide González
Vídeos: Alex Sampayo
Caracterización: María Illobre
Axudante de dirección: Sheyla Fariña
Axudante de produción: Rubén Porto
Deseño cartel: Pablo Dávila
Prensa: Alberto Ramos
Distribución: Guillermo Carbajo

Juan Mayorga premio Max no ano 2008 ao Mellor Autor por “El chico de la última fila”.

Belén Constenla premio María Casarres no ano 2021 á Mellor Actriz Secundaria por “O mozo da última fila”.

Machi Salgado nomeado aos María Casarres no ano 2021 ao Mellor Actor Secundario por “O mozo da última fila”.

Rubén Porto nomeado aos María Casarres no ano 2021 ao Mellor Actor Secundario por “O mozo da última fila”.

PRÓXIMAS FUNCIÓNS